Crear un disco de arranque

Neste contexto un disco de arranque é un dispositivo USB flash desde o que se pode arrancar e instalar Ubuntu. A capacidade do dispositivo flash USB debe ser cando menos de 2 GB. Todos os datos do dispositivo flash USB perderanse cando cree o disco de arranque.

Asúmese que descargou unha imaxe ISO do Ubuntu.

Para crear un disco de arranque dunha imaxe ISO de Ubuntu:

  1. Abrir o Creador de discos de arranque na barra de busca Actividades.

  2. Se a imaxe ISO está no cartafol de Descargas e hai unha única imaxe ISO, o Creador de discos de arranque teraa seleccionada. Noutro caso seleccione manualmente a imaxe ISO correcta.

  3. Se o computador só ten un dispositivo flash USB, o Creador de discos de arranque terao seleccionado, noutro caso terá que seleccionar o dispositivo correcto manualmente.

  4. Prema Crear disco de arranque.

  5. Prema Si para confirmar. o proceso debería tardar menos de dez minutos.

  6. Saia cando se abra a xanela de «Instalación completa».