Instrucións emparellado para dispositivos específicos
Incluso se consigue buscar no manual do dispositivo, pode que non conteña información dabondo para poder emparellalo. Aquí atopará información para algúns dispositivos comúns.
- Mandos de PlayStation 5
Mantendo premido o botón
, preme o botón
ata que a barra luminosa pestanexe para facelo visible e vinculalo como calquera outro dispositivo Bluetooth.
- Mandos de PlayStation 4
-
Usando a combinación de botóns
e «Compartir» para vincular o mando tamén se pode usar para facer visible o mando e vinculalo como calquera outro dispositivo Bluetooth.
Estes dispositivos usan «emparexado de cable». Conecte os mandos mediante USB mentres mantén aberto Preferencias de Bluetooth e co Bluetooth activo. Preguntaráselle se configurar os mandos sen premer o botón
. Desconécteos e prema o botón
para usalos mediante Bluetooth.
- Mandos de PlayStation 3
Eses dispositivos usan "emparellamento de cables". Conecte os mandos mediante USB coas Prerefencias de Bluetooth aberta e o Bluetooth activado. Despois de premer o botón
, preguntaráseche se configuras eses mandos de xogo. Desconéctaos e o botón
para usalos por Bluetooth.
- Control remoto de PlayStation 3 BD
Manteña premidos os botóns "Inicio" e "Intro" ao mesmo tempo durante uns 5 segundos. Despois, pode seleccionar o control remoto na lista de dispositivos como de costume.
- Mandos de Nintendo Wii e Wii U
Use o botón vermello "Sincronizar" dentro do compartimento da batería para iniciar o proceso de sincronización. Outras combinacións de botóns non manterán a información de vinculación, polo que terías que facelo de novo en breve prazo. Teña en conta tamén que algúns programas como os emuladores de consola quererán acceso directo aos mandos a distancia e, neses casos, non debería configuralos no panel Bluetooth. Consulte o manual da aplicación para obter instrucións.
- ION iCade
Manteña premidos os 4 botóns inferiores e o botón branco superior para iniciar o proceso de vinculación. Cando aparezan as instrucións de vinculación, asegúrate de usar só as indicacións cardinais para introducir o código, seguidas de calquera dos dous botóns brancos situados ao extremo dereito do stick de arcade para confirmar.