Comprobar canto espazo de disco hai dispoñíbel
Comprobar o espazo de disco libre e a capacidade do disco usando o Analizador de uso de disco, Monitor do sistema, ou Uso.
Compróbeo co «Analizador de uso de disco»
Comprobar o espazo de disco libre e a capacidade do disco usando o Analizador de uso de disco:
Abra a aplicación Analizador do uso de discos desde a vista xeral de Actividades. A xanela mostrará a lista de localizacións de ficheiros así como o uso e capacidade de cada unha.
Prema nun dos elementos da vista para ver un resumo detallado do uso para ese elemento. Prema no botón de menú, e logo Analizar cartafol… ou Analizar cartafol remoto… para analizar unha localización diferente.
A información móstrase segundo o Cartafol, o Tamaño e os Contidos e cando foi a última Modificación dos datos. Pode consultar máis información no Analizador de uso do disco.
Compróbeo co Monitor do sistema
Comprobar o espazo libre do disco e a súa capacidade co Monitor do sistema:
Abra a aplicación Ficheiros desde a vista de Actividades.
Para a lapela Sistema de ficheiros para ver as particións do sistema e o uso do espazo de disco. A información móstrase segundo o Total, Libre, Dispoñíbel e Usado.
Compróbeo co «Uso»
Comprobar o espazo libre do disco e a súa capacidade con Uso:
Abra a aplicación Uso desde a vista de Actividades.
Seleccione a lapela Almacenamento para ver o espazo de disco Utilizado e Dispoñíbel total do sistema, así como o usado polo Sistema operativo e directorios de usuarios comúns.
Pódese liberar espazo no disco dos directorios do usuario e dos seus subcartafoles marcando a caixa situada a carón do nome do directorio.
Que pasa se o disco está demasiado cheo?
Se o disco está moi cheo, pode:
Eliminar ficheiros que non son importantes ou que non vai empregar máis.
Faga copias de respaldo dos ficheiros importantes que non vaia precisar durante un tempo e elimíneos do disco duro.