Limpar todo nun disco extraíbel
Se ten un disco extraíbel, como unha memoria USB ou un disco duro externo, é posíbel que queira eliminar por completo todos os ficheiros que ten aí. Pode facer isto formateando o disco — isto elimina todos os ficheiros no disco ou déixao baleiro.
Formatar un disco extraíbel
Abra Discos desde a vista de Actividades.
-
Seleccione o disco que quere limpar desde a lista de dispositivos de almacenamento da esquerda.
Asegúrese de que seleccionou o disco correcto. Se elixe o disco equivocado, eliminaranse todos os ficheiros no outro disco!
Na barra de ferramentas debaixo da sección Volumes, faga clic no botón Menú. A continuación, faga clic en Formatar partición….
-
Na xanela que aparece, seleccione un Tipo de sistema de ficheiros para o disco.
Se quere usar o disco en computadores Windows ou Mac OS así como en computadores Linux, seleccione FAT. Se só quere usalo con Windows, NTFS pode ser a mellor opción. Mostrarase unha pequena descrición do tipo de sistema de ficheiros como unha etiqueta.
Déalle un nome ao disco e faga clic en Seguinte para continuar e mostrar unha xanela de confirmación. Comprobe os detalles con coidado e prema en Formatar para borrar o disco.
Unha vez que teña rematado o formatado, extraia con seguridade o disco. Agora debería estar baleiro e listo para usarse de novo.
Formatar un disco non eliminará de forma segura os seus ficheiros
Formatar un disco non é unha maneira completamente segura de limpar todos os seus datos. Un disco formatado parecerá que non contén ficheiros, pero é posíbel obter os ficheiros cun programa especial de recuperación. Se precisa eliminar os ficheiros con seguranza, deberá usar unha ferramenta de liña de ordes como shred.