Axustar o tamaño dun sistema de ficheiros
Un sistema de ficheiros pode agrandarse para usar o espazo libre despois da súa partición. Normalmente isto é posíbel incluso cando o sistema de ficheiros está montado.
Para usar outra partición despois do sistema de ficheiros, pode reducila segundo o espazo libre nela.
Non todos os sistemas de ficheiros aceptan o redimensionamento.
O tamaño da partición pode cambiarse xunto ao tamaño do sistema de ficheiros. Tamén é posíbel redimensionar unha partición sen un sistema de ficheiros da mesma maneira.
Redimensionar un sistema de ficheiros/partición
Abra Discos desde a vista de Actividades.
Seleccione o disco que contén o sistema de ficheiros desde a lista de dispositivos de almacenamento á esquerda. Se non hai máis de un volume no disco, seleccione o volume que contén o sistema de ficheiros.
Na sección de volumes debaixo da sección Volumes prema o botón de menú. Logo prema Redimensionar sistema de ficheiros … ou Redimensionar… se non ten un sistema de ficheiros.
-
Abrirase un diálogo onde se pode escoller o novo tamaño. O sistema de ficheiros montarase para calcular o tamaño mínimo pola cantidade de contido actual. Se non se admite a redución, o tamaño mínimo é o tamaño actual. Deixe espazo suficiente dentro do sistema de ficheiros cando se encolle para garantir que poida funcionar de forma rápida e fiable.
O redimensionado levará máis tempo dependendo da cantidade de datos que ten que mover a parte de encollido.
O redimensionado do sistema de ficheiros automaticamente involucra o reparado do mesmo. Polo tanto recomendámoslle facer un respaldo dos datos importantes antes de comezar. Esta acción non debe parala ou podería resultar nun sistema de ficheiros danado.
-
Comfirme para comezar a acción premendo Redimensionar.
A acción desmontará o sistema de ficheiros, non se admite o redimensionado dun sistema de ficheiros montado. Teña paciencia mentres o sistema de ficheiros se redimensiona.
Despois de completar o redimensionamento necesario e as accións de reparación, o sistema de ficheiros está listo para usarse de novo.