Clic central
Moitos ratos e algunhas áreas táctiles teñen un botón central do rato. Nun rato cunha roda de desprazamento, normalmente podes premer directamente sobre a roda de desprazamento para facer clic co botón central. Se non tes un botón central do rato, podes premer os botóns esquerdo e dereito ao mesmo tempo para facer clic co botón central.
En «áreas táctiles» que sexan multitáctiles pode premer con tres dedos á vez para realizar unha pulsación co botón do medio. Para que isto funcione, debe activar Activar pulsacións do rato coa área táctil na configuración da área táctil.
Moitas aplicacións usan a pulsación central para atallos de pulsación avanzados.
Nas aplicacións con barras de desprazamento, ao facer clic co botón esquerdo no espazo baleiro da barra, a posición de desprazamento move directamente a ese lugar. Facendo clic co botón central móvese ata unha única páxina cara a esa localización.
Na descrición xeral de Actividades, pode abrir rapidamente unha nova xanela para unha aplicación facendo clic co botón central. Simplemente faga clic co botón central na icona da aplicación, xa sexa no guión da esquerda ou na vista xeral das aplicacións. A vista xeral das aplicacións móstrase usando o botón da grade no guión.
A maioría dos navegadores web permítenche abrir ligazóns en pestañas rapidamente co botón do rato medio. Só tes que facer clic en calquera ligazón co botón do rato medio e abrirase nunha nova pestana.
No xestor de ficheiros, o botón central ten dúas funcións. Se preme co botón central nun cartafol, abrirase nunha lapela nova. Este comportamento imita ao dos navegadores web máis importantes. Se preme co botón central sobre un ficheiro, abrirao como se premera dúas veces sobre el.
Algunhas aplicacións especializadas permítenlle usar o botón central do rato para outras funcións. Busque na axuda da súa aplicación algún apartado referente a pulsación central ou botón central do rato.