Parece que Internet vai lento

Se está usando internet e semella lenta, hai moitas razóns que poderían causar esta ralentización.

Tente pechar o seu navegador web e volte a abrilo, e desceonéctese de internet e logo reconéctese de novo. (Ao facer isto reinicianse moitas das cousas que poderían estar causando que internet vaia lento).

  • Hora ocupada do día

    Os fornecedores de servizos de Internet normalmente configuran conexións a Internet para que se compartan entre varios fogares. Aínda que se conecte por separado, a través da súa propia liña telefónica ou conexión por cable, é posíbel que a conexión co resto de Internet na central telefónica se comparta. Se este é o caso e moitos dos seus veciños usan Internet ao mesmo tempo que ti, pode notar unha desaceleración. É máis probábel que experimentes isto en momentos nos que probabelmente os seus veciños estean en Internet (pola noite, por exemplo).

  • Descargando moitas cousas á vez

    Se vostede ou outra persoa usando a súa conexión a internet está descargando varios ficheiros á vez, ou vendo vídeos, a conexión podería non ser rápida dabondo para manter a demanda. Neste caso, será máis lenta.

  • Conexións non dispoñíbeis

    Algunhas conexións a internet non son fiábeis, especialmente as temporais ou aquelas en áreas de alta demanda. Se está nunha cafetaría ou centro de conferencias, a conexión a internet podería estar saturada.

  • Sinal de conexión sen fíos baixa

    Se está conectado a Internet en modo sen fíos (Wi-Fi), comprobe a icona de rede na barra superior para ver se ten bo sinal sen fíos. Se non, Internet pode parecer lento pero non ten un sinal suficientemente forte.

  • Usar unha conexión móbil a Internet

    Se ten unha conexión a Internet móbil e nota que é lenta, é posible que se mudase a unha zona na que a recepción do sinal é deficiente. Cando isto ocorre, a conexión a Internet cambiará automaticamente dunha conexión rápida de «banda ancha móbil» como 3G a unha conexión máis fiable, pero máis lenta, como GPRS.

  • O navegador web ten un problema

    Algunhas veces os navegadores web atopan un problema que fai que se executen de forma lenta. Isto pode pasar por varias razóns — podería estar visitando un sitio web que ten moito tráfico ou por que tivo o navegador aberto durante moito tempo, por exemplo. Tente pechar as xanelas do seu navegador e logo abra un navegador de novo para ver se nota diferenza.