Xanelas en mosaico

Pode maximizar unha xanela só na parte esquerda ou dereita da pantalla, permitíndolle poñer dúas xanelas lado a lado para cambiar rapidamente entre elas.

Para maximizar unha xanela a toda a pantalla, prema e manteña sobre a barra de título e arrástrea cara a parte dereita ou esquerda até que a metade da pantalla se realce. Usando o teclado, manteña premida a tecla Super e prema a tecla Esquerda ou a teclaDereita.

Para restaurar unha xanela ao seu tamaño orixinal, arrástrea desde o lado da pantalla, ou use o mesmo atallo de teclado que empregou para maximizala.

Manteña premida a tecla Super e arrastre a xanela a calquera parte para movela.