Use os xestos nas áreas e pantallas táctiles
Os xestos multitáctiles poden usarse en áreas e pantallas táctiles para navegar polo sistema, así como en aplicacións.
Unha serie de aplicacións fan uso de xestos. No Visor de documentos, os documentos pódense ampliar e pasar o dedo con xestos, e o Visor de imaxes permítelle facer zoom, xirar e desprazar.
Xestos a nivel do sistema
|
Abra a Vista de Actividades e a Vista de aplicacións Coloque tres dedos no panel táctil ou na pantalla táctil e xestione cara arriba para abrir a Visión xeral de actividades. Para abrir a Vista de aplicacións, pouse tres dedos e realice un xesto cara arriba de novo. |
|
|
Trocar o Espazo de traballo Coloca tres dedos na área táctil ou na pantalla táctil e faga un xesto á esquerda ou á dereita. |
|
|
Saír da pantalla completa Nunha pantalla táctil, arrastre cara abaixo dende o bordo superior para saír do modo de pantalla completa de calquera xanela. |
|
|
Mostrar o teclado en pantalla Nunha pantalla táctil, arrastre cara arriba desde o bordo inferior para que apareza o teclado en pantalla, se o teclado en pantalla está activado. |
Xestos de aplicación
|
Abrir un elemento, iniciar unha aplicación, reproducir unha canción Toque nun elemento. |
|
|
Seleccione un elemento e a lista de accións que poden levarse a cabo Prema e manteña durante un segundo ou dous. |
|
|
Desprázese no área da pantalla Arrastre: deslice un dedo tocando na superficie. |
|
|
Cambiar o nivel de zoom na visa (Mapas, Fotos) Beliscar ou estirar dous dedos: toque a superficie con dous dedos mentres os achega ou separa. |
|
|
Rotar unha foto Rotar con dous dedos: Toque a superficie con dous dedos e rote. |