Instalar aplicativos adicionais
Un aplicativo é software cunha interface gráfica para o usuario (GUI). O equipo de desenvolvemento do Ubuntu seleccionou un conxunto de aplicativos que cremos fai o Ubuntu moi útil para o día a día. Con todo, vostede pode instalar máis aplicativos para axustalo ás súas necesidades. Para instalar un aplicativo pode usar o App Center.
Os aplicativos están dispoñíbeis en dous formatos: paquetes snap e paquetes Debian. Un aplicativo dispoñíbel como paquete snap será nomeado de agora en diante como snap. Algúns aplicativos están dispoñíbeis en ambos os formatos. Neste caso no App Center o snap aparecerá primeiro na lista.
Quizais desexe instalar software que non ten interface de usuario. Para instalar ese software, pode usar o Synaptic. Teña en conta que o Synaptic non lista snaps.
Para instalar un aplicativo.
Prema na icona do App Center situada na Doca ou busque Software na barra de busca das Actividades.
Cando se inicie o App Center, pode buscar un aplicativo ou seleccionar unha categoría e procurar un aplicativo da lista.
Seleccione o aplicativo que desexe instalar e prema Instalar.
Pediráselle que introduza o contrasinal para autenticarse. Unha vez feito, comezará a instalación. A instalación xeralmente remata rapidamente pero podería levarlle unha miga se ten unha conexión lenta a internet.