Retirar un aplicativo

Un aplicativo é software que ten unha interface gráfica de usuario (GUI). Pode usar App Center para eliminar aplicativos que xa non usa.

Os aplicativos están dispoñíbeis en dous formatos: paquetes snap e paquetes Debian. Un aplicativo dispoñíbel como paquete snap será nomeado de agora en diante como snap. Algúns aplicativos están dispoñíbeis en ambos os formatos. Neste caso no App Center o snap aparecerá primeiro na lista.

Tamén pode eliminar software que non ten unha interface gráfica. Para facelo pode usar o Synaptic. Teña en conta que o Synaptic non lista snaps.

Para eliminar un aplicativo:

  1. Prema na icona do App Center situada na Doca ou busque Software na barra de busca das Actividades.

  2. Cando se abra o App Center, prema no botón Instalado na banda superior.

  3. Busque o aplicativo que desexa retirar usando a caixa de busca ou mire na lista de aplicativos instalados.

  4. Seleccione o aplicativo e prema Eliminar.

  5. Confirmar que desexa eliminar un aplicativo.

  6. Pediráselle que se autentique por medio do contrasinal. Despois de facer isto, o aplicativo será retirado.

Algúns aplicativos dependen doutros para funcionar correctamente. Se elimina un aplicativo que é necesario para outro programa, eliminaranse ambos os dous. Pediráselle a confirmación antes de proceder.