Problemas no lector de tarxetas multimedia

Moitos computadores conteñen lectores para tarxetas de almacenamento SD, MMC, MS, CF e outras. Deberíanse detectar automaticamente e montar. Aquí pode ler algunha resolución de erro se non se detectan e montan automaticamente:

  1. Asegúrese de que a tarxeta está inserida correctamente. Moitas tarxetas parecen que están ao revés cando se insiren correctamente. Asegúrese tamén de que a tarxeta está ben colocada na ranura; algunhas tarxetas, especialmente as CF requiren que se faga un pouco de forza para inserilas correctamente. (Teña coidado de non empurrar moi forte. Se choca contra algo sólido, non o force)

  2. Abra Ficheiros usando o menú Actividades. ¿Aparece a tarxeta inserida na lista Dispositivos na barra lateral da esquerda? Algunhas veces, a tarxeta aparece nesta lista pero non está montada; prema sobre ela unha vez para montala. (Se a barra lateral non está visíbel, prema Ficheiros na barra superior e seleccioneBarra lateral .

  3. Se o seu lector de tarxetas non aparece na barra lateral, prema Ctrl+L, logo escriba computer:/// e prema Intro. Se o seu lector de tarxetas está configurado correctamente, o lector debería aparecer como un dispositivo cando non ten unha tarxeta, e a tarxeta en si cando se teña montado.

  4. Se ve o lector de tarxetas pero non a tarxeta, o problema pode estar na tarxeta en si. Ténteo cunha tarxeta diferente ou probe a tarxeta nun lector de tarxetas se lles é posíbel.

Se non se mostran tarxetas ou controladores dispoñíbeis ao explorar a localización do Computador, é posíbel que o lector de tarxetas non funcione correctamente en Linux debido a problemas co controlador. Se o seu lector de tarxetas é interno (dentro do computador no lugar de estar por fora) é máis probábel. A mellor solución é conectar o dispositivo (cámara, teléfono móbil, et) directamente a un porto USB do computador. Os lectores de tarxetas externos USB tamén están dispoñíbeis, e están mellor soportados en Linux.