Faga clic e mova o punteiro do rato usando o teclado numérico
Se ten dificultades ao usar un rato ou outro dispositivo apuntador, pode controlar o punteiro do rato usando o teclado numérico do seu teclado. Esta característica chámase teclas de rato.
-
Abra a vista de Actividades e comece a escribir Accesibilidade.
Podes acceder á vista xeral de Actividades premendo sobre ela, movendo o punteiro do rato contra a esquina superior esquerda da pantalla, empregando Ctrl+Alt+Tab seguido de Intro, ou empregando a tecla Super.
Prema en Accesibilidade para abrir o panel.
Seleccione a sección Apuntar e premer para abrila.
Active Teclas do rato.
Comprobe que a tecla Bloq Num está desactivada. Agora poderá mover o punteiro do rato usando o teclado numérico.
O teclado numérico é un conxunto de botóns numéricos do seu teclado, normalmente dispostos nunha matriz cadrada. Se o seu teclado non ten teclado numérico (por exemplo, o teclado dun portátil), pode que teña que manter premida a tecla de Función (Fn) e usar outras teclas do seu teclado como un teclado numérico. Se usa esta característica a miúdo nun portátil, pode comprar teclados numéricos USB externos.
Cada número do teclado numérico correspóndese cun enderezo. Por exemplo, ao premer a tecla 8 moverase ao punteiro cara arriba e ao premer 2 moverase cara abaixo. Ao premer a tecla 5 farase unha pulsación co rato e ao premer dúas veces rapidamente farase unha dupla pulsación.
A maioría dos teclado teñen unha tecla especial que permite facer unha pulsación dereita; algunhas veces chamada a tecla Menú. Porén teña en conta que esta tecla responde onde está o foco do teclado, non onde está o punteiro do rato. Consulte a Simular o clic dereito do rato para obter máis información sobre como facer unha pulsación dereita mantendo premida a tecla 5 ou co botón esquerdo do rato.
Se quere usar o teclado numérico para teclear números cando está activada a opción de teclas do rato, active Bloq Num. O rato non se pode controlar co teclado numérico mentres estea activado Bloq Num.
As teclas numéricas normais, situadas nunha fila na parte superior do teclado, non controlan o punteiro do rato. Só poden facelo as teclas do teclado numérico.