Conectar a unha VPN
Unha VPN (ou Rede privada virtual) é unha forma de conectarse a unha rede local empregando internet. Por exemplo, digamos que quere conectarse a unha rede local no seu lugar de traballo mentres está nun viaxe de negocios. Podería atopar unha conexión de rede en calquera lugar (como nun hotel) e conectarse á VPN do traballo. Sería como se estivera conectado directamente á rede do traballo, pero coa conexión de rede real sería mediante a conexión de internet do hotel. As conexións VPN normalmente están cifradas para evitar que outras persoas accedan á súa rede local conectándose sen iniciar unha sesión.
Hai varios tipos de VPN. Dependendo do tipo á que queira conectarse podería ter que instalar software adicional. Busque información da conexión do responsábel da VPN e vexa que cliente de VPN precisa. Logo, vaia á aplicación de instalación de software e busque polo paquete NetworkManager que funcione co seu VPN (se hai algún) e instáleo.
Se non hai un paquete de NetworkManager para o seu tipo de VPN, probabelmente terá que descargar e instalar algún software cliente desde a empresa que fornece o software de VPN. Probabelmente teña que seguir instrucións para facela funcionar.
Para configurar unha conexión VPN:
Abra a vista de Actividades e comece a escribir Rede.
Prema en Rede para abrir o panel.
Prema o botón + ao carón de VPN para engadir unha nova conexión.
Seleccione o tipo de conexión VPN que ten.
Complete a información de conexión á VPN, e logo prema Engadir en canto remate.
Cando remate de configurar a VPN, abra o menú do sistema no lado dereito da barra superior, prema en VPN desactivada e seleccione Conectar. É posible que teña que introducir un contrasinal para a conexión antes de que se estableza. Unha vez feita a conexión, verá unha icona con forma de bloqueo na barra superior.
Se todo vai ben, conectarase correctamente á VPN. En caso contrario, pode que precise volver a comprobar a configuración VPN. Pode facelo no panel de Rede que usou para crear a conexión. Seleccione a conexión de VPN desde a lista e logo prema o botón
para revisar as preferencias.
Para desconectarse da VPN, prema a icona de rede na barra superior e prema Desconectar baixo o nome da súa conexión VPN.