O meu computador conéctase á rede equivocada

Cando acenda o seu computador, este tentará conectarase automaticamente ás redes sen fíos ás que se conectou no pasado. Se tenta conectarse a unha rede á que non quere conectarse, siga os seguintes pasos.

Para esquecer unha conexión sen fíos:

  1. Abra a vista de Actividades e comece a escribir Wifi.

  2. Busque a rede á que non quere que se manteña conectado.

  3. Prema o botón preferencias localizado ao carón da rede.

  4. Faga clic no botón Esquecer conexión. O seu ordenador xa non tentará conectarse a esa rede.

Se máis tarde queres conectarte á rede que o seu ordenador acaba de esquecer, sigua os pasos de Conectar cunha rede sen fíos.