Porque se apaga o meu computador cando pecha a tapa?

Cando pecha a tapa do seu portátil, o seu computador suspenderase para aforrar enerxía. Isto significa que o computador non está realmente apagado — simplemente está durmindo. Pode espertalo de novo simplemente abrindo a tapa. Se non se esperta, tente premendo algunha tecla do rato ou do teclado. Se aínda así non funciona, prema o botón de arrinque.

Algúns portátiles non so capaces de suspender correctamente, normalmente porque o seu hardware non é completamente compatíbel co sistema operativo (por exemplo, os controladores de Linux están incompletos). Neste caso, pode atopar que non é capaz de espertar o seu portátil despois de pechar a tapa. Pode probar a arranxar o problema coa suspension, ou previr que o computador tente suspenderse cando peche a tapa.

Parar a suspensión do equipo cando se pecha a tapa

Estas instrucións só funcionarán se está empregando systemd. Contacte coa súa distribución para obter máis información.

Dete ter Axustes instalado no seu computador para cambiar esta preferencia.

Instalar Axustes

Se non quere que o seu computador se suspenda cando pecha a tapa, pode cambiar a preferencia para ese comportamento.

Teña moito coidado se cambia esta configuración. Algúns portátiles poden sobrequentarse se están coa tapa pechada, especialmente se están nun lugar pechado como nunha mochila.

  1. Abra a vista de Actividades e comece a escribir Axustes.

  2. Prema Axustes para abrir a aplicación.

  3. Seleccione a lapela Xeral.

  4. Cambie Suspender cando a tapa do portátil se peche a desactivado.

  5. Seleccione na xanela Retoques.