Controlar a compartición por Bluetooth

Pode activar a compartición por Bluetooth para recibir ficheiros por Bluetooth no cartafol Descargas

Compartir os ficheiros no cartafol Descargas

  1. Abra a vista de Actividades e comece a escribir Bluetooth.

  2. Prema Bluetooth no lateral dereito.

  3. Asegúrese que está activo o Bluetooth.

  4. Os dispositivos con Bluetooth poden enviar ficheiros ao seu cartafol Descargas só cando o panel Bluetooth está aberto.

Pode cambiar o nome que o seu computador mostra a outros dispositivos.