Comparta a súa música, fotos e vídeos
Pode explorar, buscar e reproducir multimedia no seu computador usando un dispositivo con UPnP ou DLNA como un teléfono, TV ou consola de xogos. Configure Compartición multimediapara permitirlle a eses dispositivos acceder aos cartafoles que conteñen música, fotos e vídeos.
Debe ter o paquete Rygel instalado para que Compartición multimedia estea visíbel.
Abra a vista de Actividades e comece a escribir Compartición.
Prema en Compartición no lateral dereito.
No texto debaixo do Nome do dispositivopode editalo, tamén pode cambiar o nome que o seu computador mostra a outros dispositivos.
Seleccione Compartición multimedia.
Active a Compartición multimedia.
Por defecto, compártense a Música, Imaxes e Vídeos. Para eliminar un destes, faga clic no × xunto ao nome do cartafol.
Prema en + para abrir a xanela Seleccionar un cartafol. Navegue ao cartafol desexado e prema Abrir.
Close the Media Sharing dialog. You will now be able to browse or play media in the folders you selected using the external device.
Redes
A sección Redes mostra unha lista das redes ás que está conectado actualmente. Use o trocador ao carón de cada unha para escoller onde compartir os seus ficheiros persoais.