Iniciar aplicacións
Mova o punteiro do seu rato á esquina de Actividades na parte superior esquerda da pantalla para mostrar a Vista de actividades. Aquí é onde pode atopar todos as súas aplicacións. Tamén pode abrir a vista premendo a tecla Super.
Hai distintas maneiras de abrir unha aplicación se xa está na vista de actividades:
Comece a escribir o nome da aplicación — a busca comezará ao instante. Se isto non acontece, prema na barra de busca na parte superior da pantalla e comece a escribir. Se non sae o nome exacto da aplicación, probe a escribir un termo relacionado. Prema na icona da aplicación para inicialo.
-
Algunhas aplicacións teñen iconas no taboleiro, a franxa vertical das iconas na parte inferior da vista de Actividades. Prema nun deles para iniciar a aplicación correspondente.
Se ten aplicacións que usa moi frecuentemente, pode engadilas ao taboleiro.
Prema no botón da grade (que ten 9 puntos) no taboleiro. Verá a primeira páxina de todas as aplicacións instaladas. Para ver máis aplicacaións, prema os botóns na parte inferior, enriba do taboleiro, para ver outras aplicacións Logo prema na aplicación para iniciala.
-
Pode iniciar unha aplicación nunha área de traballo independente arrastrando a súa icona desde o taboleiro, e soltándoa nunha das áreas de traballo. O aplicación abrirase no área de traballo que seleccione.
Pode iniciar unha aplicación nunha nova área de traballo arrastrando a súa icona a un espazo de traballo baleiro ou no pequeno oco entre dous espazos de traballo.
Executar unha orde rapidamente
Outra forma de iniciar unha aplicación é premer Alt+F2, escribir o seu nome de orde, e logo prema Intro.
Por exemplo, para iniciar Rhythmbox, prema Alt+F2 e escriba «rhythmbox» (sen as comiñas). O nome da aplicación é a orde para iniciar o programa.
Use as teclas de frecha para acceder de forma rápida ás ordes executadas anteriormente.