Que é un espazo de traballo e como poden axudarme?
Os espazos de traballo refírense á agrupación de xanelas no seu escritorio. Vostede pode crear cantos espazos de traballo desexe, os cales actúan como escritorios virtuais. Os espazos de traballo úsanse para reducir a desorde e facer o escritorio máis sinxelo de navegar.
Podería empregar as áreas de traballo para organizar o seu traballo. Por exemplo, podería ter todas as súas xanelas de comunicación, tales como o correo electrónico e o seu programa de chat nun área de traballo e o traballo que está facendo nun área de traballo diferente. O seu xestor de música podería estar nun terceiro área de traballo.
Usando espazos de traballo:
Na vista xeral de Actividades, pode navegar de forma horizontal entre os espazos de traballo.
Se xa está en uso máis dun espazo de traballo, móstrase o selector de espazos de traballo entre o campo de busca e a lista de xanelas. Mostrará os espazos de traballo utilizados actualmente e un espazo de traballo baleiro.
Para engadir un espazo de traballo, arrastre unha xanela desde un espazo de traballo existente a un espazo de traballo baleiro no selector de espazos de traballo. Este espazo de traballo agora conterá a xanela que soltou e un novo espazo de traballo debería aparecer ao carón de el.
Para eliminar un espazo de traballo simplemente peche todas as xanelas do mesmo ou move as xanelas ao espazo de traballo anterior.
Hai cando menos un espazo de traballo.
