A pantalla de bloqueo
A pantalla de bloqueo significa que podes ver o que está a suceder mentres o seu ordenador está bloqueado e permítelle obter un resumo do que pasou mentres estiveches ausente. A pantalla de bloqueo ofrece información útil:
data e hora e certas notificacións
batería e estado da rede
Para desbloquear o seu computador, prema unha vez co rato ou área táctil ou prema Esc ou Intro. Isto mostrará a pantalla de inicio de sesión, onde pode escribir o seu contrasinal para desbloquear. De forma alternativa, simplemente comece a escribir o seu contrasinal e a pantalla de inicio de sesión mostrarase automaticamente ao escribir. Tamén pode cambiar o usuario se o computador ten configuradas máis dunha conta.
Para agochar as notificacións na pantalla de bloqueo vexa Ocultar as notificacións na pantalla de bloqueo.