Notificacións e lista de notificacións

Que é unha notificación?

Se unha aplicación ou un compoñente do sistema desexa obter a súa atención mostrarase unha notificación na parte inferior da súa pantalla, ou na pantalla de bloqueo.

Por exemplo, se recibe unha nova mensaxe de chat ou un novo correo electrónico, recibirá unha notificación informándoo. As notificacións de chat reciben un tratamento especial e están representadas polos contactos individuais que che enviaron as mensaxes de chat.

Outras notificacións teñen botóns de opcións seleccionábeis. Para pechar unha destas notificacións sen seleccionar unha das súas opcións, prema no botón de pechar.

Ao premer no botón de pechar en calquera notificación, esta, omítense. Outros, como Rhythmbox ou a aplicación de conversas, manteranse ocultos na lista de mensaxes.

A lista de notificacións

A lista de notificacións fornécelle unha forma de volver ás súas notificacións cando crea conveniente. Aparece cando preme no reloxo, ou preme Super+V. A lista de mensaxes contén todas as notificacións sobre as que non actuou ou aquelas que residen permanentemente.

Pode ver unha notificación preméndoa desde a lista. Pode pechar a lista de notificacións premendo Super+V de novo ou Esc.

Prema no botón Limpar lista para limpar a lista das notificacións.

Ocultar notificacións

Se está traballando nalgo e no quere ser molestado, pode desactivar as notificacións.

Pode ocultar todas as notificacións abrindo a lista de notificacións e activando Non molestar na parte inferior. Alternativamente:

  1. Abra a vista de Actividades e comece a escribir Preferencias.

  2. Prema en Preferencias.

  3. Prema en Notificacións na barra lateral para abrir o panel.

  4. Active Non molestar.

When Do Not Disturb is switched on, only very important notifications, such as when your battery is critically low, will pop up at the top of the screen. All notifications will still be available in the notification list when you display it (by clicking on the clock, or by pressing Super+V), and they will start popping up again when you switch Do Not Disturb back to off.

Tamén pode desactivar ou volver activar as notificacións para aplicacións individuais desde o panel Notificacións.

Ocultar as notificacións na pantalla de bloqueo

Cando a pantalla está bloqueada, aparecen notificacións na pantalla de bloqueo. Pode configurar a pantalla de bloqueo para ocultar estas notificacións por motivos de privacidade.

Para desactivar as notificacións cando a súa pantalla está bloqueada:

  1. Abra a vista de Actividades e comece a escribir Preferencias.

  2. Prema en Preferencias.

  3. Prema en Notificacións na barra lateral para abrir o panel.

  4. Desactive Notificacións na pantalla de bloqueo.