Mover e organizar as súas xanelas
Pode mover e redimensionar xanelas para axudarlle a traballar de forma máis eficiente. Ademais do comportamento de arrastre, o sistema conta con atallos de teclado e modificadores para axudarlle a colocar xanelas rapidamente.
Mova unha xanela arrastrándoa desde a barra de título ou mantendo premida a tecla Super e arrastre desde calquera parte da xanela. Manteña premida a tecla Maiús mentres a mova para axustar a xanela aos bordos da pantalla e a outras xanelas.
Redimensione unha xanela arrastrándoa aos bordos ou unha esquina da xanela. Manteña premida a tecla Maiús ao redimensionar para axustar a xanela aos bordos da pantalla e a outras xanelas.
Mova ou redimensione unha xanela usando só o teclado. Prema Alt+F7 para mover unha xanela ou Alt+F8 para redimensionala. Use as teclas de frechas para mover ou redimensionar, despois prema Intro para finalizar ou prema Esc para volver á posición e tamaño orixinal.
Maximice unha xanela arrastrándoa á parte superior da pantalla. Arrastre unha xanela a un lateral da pantalla para maximizala ao largo deste lado, o que lle permite colora as xanelas lado a lado.