Mova unha xanela a un espazo de traballo diferente
Usando o rato:
Abra a vista xeral de Actividades.
Prema e arrastre a xanela ao espazo de traballo mostrado parcialmente ao lado da pantalla.
Se ten máis de un espazo de traballo en uso, tamén pode soltar a xanela nun dos espazos non adxacentes no selector de espazos de traballo dispoñíbel entre o campo de busca e a lista de xanelas. Este espazo agora conterá a xanela que soltou e aparecerá un novo espazo de traballo baleiro ao final do selector de espazos de traballo.
Usando o teclado:
Seleccione a xanela que quere mover (p.ex. usando o Super+Tab ou o trocador de xanelas).
-
Prema Super+Maiús+Páx Arriba para mover a xanela a un espazo de traballo á esquerda do espazo de traballo actual no selector de espazos de traballo.
Prema Super+Maiús+Páx Abaixopara mover a xanela a un espazo de traballo á dereita do espazo de traballo actual no selector de espazos de traballo.