Saír da sesión, apagar e trocar de usuarios
Cando remate de usar o seu computador, pode apagalo, suspendelo (para aforrar enerxía) ou deixalo acendido e pechar a sesión.
Saír da sesión ou trocar de usuario

Para permitir que outros usuarios usen o seu equipo, pode saír da sesión, ou seguir conectado e só cambiar de usuario. Se cambia de usuario, tódalas aplicacións seguirán funcionando e todo estará onde o deixou cando volva a iniciar a sesión.
Para Pechar a sesión ou Cambiar de usuario, prema sobre o menú do sistema na parte dereita da barra superior, prema no botón e logo seleccione a opción correcta.
A entrada Cambiar de usuario só aparecerán no menú se ten máis dunha conta de usuario no seu sistema.
Bloquear a pantalla
Se deixa o seu computador durante un breve período de tempo, debería bloquear a pantalla para evitar que outras persoas teñan acceso aos seus ficheiros e executen aplicacións. Cando volva, mova a cortina de bloqueo da pantalla e escriba o seu contrasinal para volver a iniciar a sesión. Se non bloquea a pantalla, bloquearase automaticamente despois de certo tempo.
Para bloquear a súa pantalla, prema no menú do sistema na parte dereita da barra superior e prema no botón .
Cando a súa pantalla estea bloqueada outros usuarios poden iniciar sesión nas súas propias contas premendo Iniciar sesión como outro usuario na esquina inferior dereita da pantalla de contrasinal. Pode volver ao seu escritorio cando rematen.
Suspender
Para aforrar enerxía, suspenda o ordenador cando non o estea a usar. Se usa un portátil, o sistema, por defecto, suspende o seu ordenador automaticamente cando peche a tapa. Isto garda o seu estado na memoria do seu ordenador e apaga a maioría das funcións do ordenador. Aínda se usa unha cantidade moi pequena de enerxía durante a suspensión.
Para suspender o ordenador manualmente, faga clic no menú do sistema no lado dereito da barra superior, faga clic no botón e seleccione Suspender.
Apagar ou reiniciar
Se quere apagar o seu computador por completo, ou facer un reinicio total, prema o menú do sistema na barra superior dereita da barra superior e prema o botón e seleccione Reiniciar… ou Apagar….
Se hai outros usuarios conectados, non poderá apagar ou reiniciar o equipo, porque isto pecharía as súas sesións. Se é un usuario de administración, pediráselle o seu contrasinal para apagar.
Pode querer apagar o seu computador se quere movelo e non ten unha batería, se a súa batería está moi baixa ou non pode manter carga correctamente. Un computador apagado tamén usa menos enerxía que estando suspendido.