Engadir unha nova conta de usuario
Pode engadir varias contas de usuario ao seu equipo. Dar unha conta a cada persoa no seu fogar ou empresa. Cada usuario ten o seu propio cartafol de inicio, documentos e configuración.
Precisa de privilexios de administración para engadir contas de usuario.
Open the Activities overview and start typing System.
Select Settings ▸ System from the results. This will open the System panel.
Seleccione Usuarios para abrir o panel.
Prema Desbloquear na esquina superior dereita e escriba o seu contrasinal cando se lle pregunte.
Press the Add User... button under Other Users to add a new user account.
-
Se quere engadir un novo usuario con acceso administrativo ao computador, seleccione Administrador no tipo de conta.
Os administradores poden facer cousas como engadir e eliminar usuarios, instar software e controladores, e cambiar a data e a hora.
Escriba o nome completo do novo usuario. O nome de usuario encherase automaticamente en función do nome completo. O valor predeterminado probabelmente sexa correcto, pero pode cambialo se o desexa.
-
Se quere estabelecer un contrasinal para o novo usuario, ou deixarlle escollelo a el mesmo no primeiro inicio de sesión. Se quere estabelecer o contrasinal agora, pode premer a icona
para xerar un contrasinal aleatorio automaticamente.
Para conectar o usuario a un dominio de rede, faga clic en Inicio de sesión empresarial.
Faga clic en Engadir. Cando se engade o usuario, pódense axustar os axustes de Controis parentais e Idioma.
Se quere cambiar o contrasinal despoisd e crear unha conta, seleccione a conta , Desbloquee o panel e prema o estado do contrasinal actual.
No panel Usuarios pode premer na imaxe ao carón do nome de usuario para estabelecer unha imaxe para a conta. Esta imaxe mostrarase na xanela de inicio de sesión. O sistema fornece algunhas imaxes que pode usar, pode seleccionar a súa propia ou sacar unha foto empregando a súa cámara web.